A presenza da Oficina de Transición Enerxética de COMENERG en ENERXÉTIKA 2026 permitiu achegar o proxecto a entidades, profesionais, concellos, empresas e cidadanía interesada en avanzar cara a un modelo enerxético máis local, participativo e sostible.

Durante a feira, celebrada en Silleda, COMENERG contou cun espazo propio desde o que se presentou o traballo que impulsa a Deputación de Ourense, en colaboración cos socios do proxecto, para apoiar a creación de comunidades enerxéticas na provincia de Ourense e no territorio transfronteirizo do Alto Minho.

O proxecto, cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg España-Portugal, traballa cun obxectivo claro: facilitar que concellos, empresas e cidadanía poidan participar en novas fórmulas de produción, consumo e xestión compartida de enerxía renovable.

A participación en ENERXÉTIKA supuxo unha oportunidade para visibilizar o papel de COMENERG como ferramenta de acompañamento técnico, información e dinamización territorial, reforzando unha idea clave:

a transición enerxética tamén se constrúe desde os territorios, desde a cooperación e desde a participación local.

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!