O pasado 7 de outubro celebramos unha nova acción dentro do Plan de Participación e Dinamización Social impulsado pola oficina do proxecto COMENERG.
Nesta ocasión, tivo lugar a reunión do Comité de Participación de Ribadavia, que contou coa cooperación do municipio de Cortegada. O encontro reuniu 8 persoas comprometidas co impulso da participación e da dinamización social no territorio.
Seguimos avanzando cara a unha transición enerxética máis participativa, inclusiva e conectada coas necesidades dos nosos municipios.
#COMENERG #ParticipaciónCidadá #DinamizaciónSocial #Ribadavia #Cortegada
Recent Comments