A comunicación técnica da Universidade de Vigo, desenvolvida no marco do proxecto COMENERG (Interreg España-Portugal), foi aceptada na súa totalidade en CONAMA 2026.
O traballo, titulado «Monitorización da xeración fotovoltaica para un reparto transparente en comunidades enerxéticas», está liderado por Daniel Villanueva Torres e conta coa participación de Pablo López Araujo, Moisés Cordeiro-Costas, Pablo Eguía-Oller e Raquel Pérez Orozco.
A investigación desenvolve e avalía unha metodoloxía para monitorizar a xeración fotovoltaica antes da súa agregación no inversor. O obxectivo é dispoñer de información obxectiva sobre a produción real de cada unidade xeradora e avanzar cara a criterios de reparto máis transparentes nas comunidades enerxéticas.
A comunicación xa está dispoñible na web de CONAMA:
🔗 https://www.conama.org/comunicaciones-2026/monitorizacion-de-la-generacion-fotovoltaica-para-un-reparto-transparente-en-comunidades-energeticas/
#COMENERG #CONAMA2026 #ComunidadesEnerxéticas #EnerxíaFotovoltaica #TransiciónEnerxética #Interreg
Recent Comments