Que é unha comunidade enerxética? Sae a conta? Que normativa se aplica? Que están a facer outros? Con que recursos conta o meu territorio? COMENERG pon a disposición pública cinco documentos que responden a estas preguntas, pensados para concellos, asociacións, comunidades de montes, cooperativas e pemes da provincia de Ourense e do Norte de Portugal.

1. Guía de comunidades enerxéticas. Que son, que forma xurídica elixir, os pasos para constituílas, en que se distinguen do autoconsumo colectivo e que axudas existen. Universidade de Vigo.

2. Plan de viabilidade económica. Metodoloxía para calcular investimento, aforro e retorno, aplicada a tres casos reais en concellos de Ourense. Sertogal.

3. Informe xurídico. O marco legal español e portugués: normativa, trámites de conexión, rexistro e incentivos. Sertogal.

4. Estudo de benchmarking. Radiografía das 77 comunidades enerxéticas identificadas en Galicia e no Norte de Portugal, con ficha de cada unha. Universidade de Vigo.

5. Pasos para establecer un sistema de xeración e distribución. Como elixir modelo, localización e tecnoloxía segundo os recursos de cada territorio. Universidade de Vigo.

Todos están dispoñibles para consulta e descarga na nosa web. Se estás a valorar poñer en marcha unha comunidade enerxética, escríbenos.

COMENERG é un proxecto cofinanciado ao 75 % polo FEDER a través do programa Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021-2027, liderado pola Deputación de Ourense.

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!