Es unha persoa comprometida coa túa contorna ou formas parte dunha asociación, unha empresa ou unha administración pública interesada na sustentabilidade e a eficiencia enerxética?

En calquera caso, podes ter un papel crave no nacemento dunha Comunidade Enerxética Local (CEL) no teu municipio.

 

Desde a Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética, estamos a crear un directorio de persoas e entidades interesadas en participar, colaborar ou liderar iniciativas de enerxía renovable colectiva. Poñerémosche en contacto con outras persoas na túa situación e apoiarémosvos e asesoraremos na posta en marcha da vosa comunidade enerxética.

Enche este breve formulario e axúdanos a identificar aos futuros axentes impulsores de comunidades enerxéticas.

O teu interese pode ser o primeiro paso para xerar enerxía limpa, aforrar na túa factura eléctrica e fortalecer a túa comunidade.

📞 Máis información: 988 510 003

Comunidade do Cambio
Rol en relación coas comunidades enerxéticas
Opcións múltiples