O Tribunal de Contas Europeo acaba de poñer unha cifra sobre a mesa: as comunidades enerxéticas da UE só alcanzaron o 27 % do obxectivo previsto para 2025.
Segundo o seu informe, o problema non está na falta de interese da cidadanía, senón nas dificultades para transformar ese interese en proxectos viables. A normativa segue xerando dúbidas, as conexións á rede acumulan atrasos e o almacenamento aínda non conta con incentivos suficientes.
Esta realidade é especialmente visible nos concellos pequenos e nas zonas rurais, onde os recursos técnicos e xurídicos adoitan ser máis limitados.
Ese é precisamente o ámbito no que traballa COMENERG desde 2023. O proxecto reúne entidades de Galicia e do norte de Portugal, entre elas a Deputación de Ourense, o INEGA, a Universidade de Vigo e a CIM Alto Minho, co obxectivo de impulsar comunidades enerxéticas adaptadas ás características reais do territorio transfronteirizo.
As experiencias piloto de Muíños, A Gudiña e o norte de Portugal demostran que estes proxectos poden saír adiante cando existen acompañamento técnico, asesoramento xurídico e colaboración entre administracións, entidades e cidadanía.
Queda moito camiño por percorrer, pero xa contamos con experiencias concretas que axudan a comprender que funciona e que obstáculos debemos resolver.
Mentres Europa revisa o marco das comunidades enerxéticas, COMENERG continúa traballando para facelas posibles sobre o terreo.
🌐 Máis información: comenergpoctep.eu
#ComunidadesEnerxéticas #TransiciónEnerxética #COMENERG #Interreg #POCTEP #Galicia #EnerxíaLocal #AutoconsumoColectivo
Recent Comments