Novo marco para o autoconsumo: o Goberno aproba o Real Decreto-lei 7/2026, validado polo Congreso

O Real Decreto-lei 7/2026, do 20 de marzo, foi aprobado polo Goberno e publicado no BOE o 21 de marzo de 2026. Posteriormente, foi validado polo Congreso dos Deputados, reforzando así un novo marco que impulsa o autoconsumo en España e o fai máis accesible.

Trátase dunha noticia especialmente relevante para proxectos como COMENERG, porque consolida o papel do autoconsumo —individual e colectivo— como ferramenta clave para reducir custos enerxéticos, gañar independencia enerxética e acelerar a transición cara a un modelo máis sostible.

Entre as medidas máis destacadas, sobresae o impulso ao autoconsumo colectivo, a simplificación de trámites e un marco máis favorable para achegar a enerxía renovable á cidadanía, ás pemes e ás comunidades enerxéticas.

Desde COMENERG, valoramos positivamente todos aqueles avances que axudan a eliminar barreiras e a fortalecer un modelo enerxético máis local, máis compartido e máis participativo.

Porque cando o marco normativo avanza, tamén avanzan as oportunidades para que as comunidades constrúan o seu propio futuro enerxético.

#COMENERG #Autoconsumo #ComunidadesEnerxéticas #TransiciónEnerxética #EnerxíaLocal #EnerxíasRenovables #Sostibilidade

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!