⚡ O Tribunal de Contas Europeo lanza un sinal de alarma: as comunidades enerxéticas avanzan moito máis amodo do previsto.
Un informe publicado o 9 de marzo advirte de que a UE propuxérase que cada municipio de máis de 10.000 habitantes contase con polo menos unha comunidade enerxética en 2025… pero só se acadou o 27 % dese obxectivo.
Os obstáculos son coñecidos: normativa confusa, atrasos na conexión á rede e falta de apoio ao almacenamento. “Prometedora en teoría, pero difícil na práctica”, recoñece o propio auditor responsable do informe.
É exactamente para iso para o que existe COMENERG POCTEP: acompañar os municipios rurais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nese camiño, reducindo barreiras e demostrando que é posible.
O informe é un recordatorio de que queda moito por facer — e de que proxectos como o noso son máis necesarios ca nunca. 🌐
Únete á comunidade do cambio
Recent Comments