O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico fixo balance do programa CE Implementa, unha liña de axudas que contribuíu a impulsar 262 comunidades enerxéticas en todo o país.
Segundo os datos publicados polo MITECO, as seis convocatorias celebradas mobilizaron 108,4 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e As comunidades beneficiarias agrupan xa máis de 111.000 particulares, pemes e entidades locais, unha cifra que poderá seguir medrando a medida que estes proxectos incorporen novas persoas usuarias.
En conxunto, os proxectos prevén 1.472 actuacións, con máis de 175 MW de potencia eléctrica renovable, case 4,9 MW de potencia térmica, máis de 85 MWh de almacenamento e novos puntos de recarga para mobilidade eléctrica.
A noticia confirma o avance das comunidades enerxéticas como ferramenta para democratizar a enerxía, reducir a dependencia dos combustibles fósiles, xerar actividade local e favorecer unha transición enerxética máis próxima ao territorio.
Ademais, o MITECO lanzou a consulta pública previa para unha nova convocatoria de axudas a Oficinas de Transformación Comunitaria, entidades clave para informar, asesorar e acompañar a cidadanía, concellos, pemes e axentes locais na creación de novas comunidades enerxéticas.
Desde COMENERG seguimos traballando para achegar este modelo ao territorio transfronteirizo de Ourense e o Norte de Portugal, impulsando comunidades enerxéticas locais con base técnica, participación social e visión de futuro.
Recent Comments