Xa está aberta a segunda convocatoria do European Energy Communities Facility, con axudas directas de 45.000 euros para apoiar o desenvolvemento de plans de negocio e preparar proxectos enerxéticos viables.
Estas axudas están dirixidas a comunidades enerxéticas legalmente rexistradas, tanto emerxentes como xa constituídas, que queiran poñer en marcha novos servizos, consolidar a súa actividade ou avanzar cara a proxectos financiables.
O financiamento pode cubrir traballos preparatorios como:
✅ estudos de viabilidade
✅ avaliacións técnicas e financeiras
✅ trámites legais e administrativos
✅ estruturación do plan de negocio
✅ preparación de proxectos financiables
Estas axudas non están orientadas a financiar directamente infraestruturas, senón a reforzar a fase previa de deseño, planificación e maduración dos proxectos. Segundo a información oficial, tampouco son elixibles os proxectos baseados en tecnoloxías de combustibles fósiles.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 5 de xullo de 2026. A convocatoria forma parte do European Energy Communities Facility, unha iniciativa europea que apoia ás comunidades enerxéticas no desenvolvemento de plans de negocio sólidos e financiables.
Desde COMENERG seguimos de preto as oportunidades que permiten avanzar cara a un modelo enerxético máis local, participativo e sostible, impulsando comunidades enerxéticas con bases técnicas, económicas e sociais sólidas.
Recent Comments