O novo Real decreto lei 7/2026 incorpora medidas de especial interese para seguir impulsando o autoconsumo e as comunidades enerxéticas en España.

☀️ Entre elas, destaca a ampliación de distancias para o autoconsumo colectivo: permítese que instalacións fotovoltaicas ou eólicas de ata 5 MW, conectadas a través da rede, poidan asociarse ás persoas consumidoras se están a menos de 5 km.

🏛️ Ademais, refórzase o papel dos concellos, que gañan un maior respaldo para promover e participar en comunidades cidadás de enerxía e comunidades de enerxías renovables.

🌍 Para COMENERG, estes cambios son especialmente relevantes, porque contribúen a consolidar un modelo enerxético máis local, compartido e participativo.

🤝 Seguimos avanzando cara a unha transición enerxética con máis oportunidades para os territorios e máis protagonismo para a cidadanía.

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!