É tamén o mes no que COMENERG cruzou a fronteira para levar a conversa sobre comunidades enerxéticas ás aulas do Alto Minho. E, case en paralelo, o mes no que a Comisión Europea lembraba a importancia de transpoñer en prazo as novas directivas enerxéticas comunitarias —Directiva 2024/1711 sobre o deseño do mercado eléctrico e Directiva 2023/2413 sobre enerxías renovables.
Dúas noticias, unha mesma transición.
O 21 de abril levamos un obradoiro de COMENERG á Escola Profissional do Alto Minho Interior (EPRAMI), con alumnado de Ciências Informáticas e Eletricidade e Energia.
As directivas europeas marcan o rumbo. A transposición leva o seu tempo. Os programas Interreg traballan nese intervalo: sobre o terreo, formando a quen fará que o marco funcione cando chegue plenamente.
Iso é cooperación territorial: Interreg España-Portugal a través do proxecto COMENERG.
Recent Comments