A 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐧𝐚 𝐓𝐫𝐚𝐧𝐬𝐟𝐫𝐨𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐢𝐳𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐩𝐨𝐢𝐨 𝐚́ 𝐓𝐫𝐚𝐧𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐄𝐧𝐞𝐫𝐱𝐞́𝐭𝐢𝐜𝐚 participou na Coruña na xornada “Enerxía compartida: comunidades, tecnoloxía e territorio”, organizada polo ITG.

No marco do proxecto 𝐂𝐎𝐌𝐄𝐍𝐄𝐑𝐆, compartimos a experiencia desenvolvida para impulsar 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐄𝐧𝐞𝐫𝐱𝐞́𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬 𝐋𝐨𝐜𝐚𝐢𝐬 en municipios rurais de Ourense e do Norte de Portugal, poñendo o foco en tres claves: acompañamento técnico, dinamización social e cooperación transfronteiriza.

Durante a intervención presentamos o traballo da oficina, xestionada por Sertogal S.L. baixo a coordinación da Deputación de Ourense, así como os avances acadados no apoio a concellos, cidadanía e axentes locais para transformar oportunidades enerxéticas en proxectos reais, viables e participados.

A xornada permitiu intercambiar experiencias, coñecer iniciativas de referencia e seguir avanzando en novos modelos de 𝐞𝐧𝐞𝐫𝐱𝐢́𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐝𝐚, autoconsumo colectivo e transición enerxética desde o territorio.

O proxecto COMENERG está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021-2027, reforzando a cooperación entre territorios para avanzar cara a un modelo enerxético máis sostible, participativo e próximo.

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!