Os socios de COMENERG celebramos unha nova reunión de coordinación para abordar os últimos meses de execución do proxecto transfronteirizo.
O encontro permitiu revisar os avances das comunidades enerxéticas piloto de Galicia e Portugal, adaptar as actuacións de monitorización á situación actual das instalacións e coordinar as próximas accións demostrativas e divulgativas.
Coa mirada posta no peche do proxecto, avanzamos na transferencia de resultados e na posta en común de experiencias que contribúan ao desenvolvemento das comunidades enerxéticas no territorio transfronteirizo.
Cooperación, coñecemento e experiencia compartida para avanzar cara a un modelo enerxético máis sostible.
Recent Comments