A Comisión Europea creou unha nova Comunidade de Práctica para explorar como as administracións públicas poden utilizar a súa capacidade de contratación para apoiar iniciativas enerxéticas cidadás, inclusivas e vinculadas ao territorio.

Este espazo europeo reunirá autoridades locais, profesionais da contratación, comunidades enerxéticas e entidades de apoio para compartir recursos, experiencias, casos prácticos e novas formas de colaboración.

Unha liña de traballo que conecta directamente con proxectos como COMENERG.

Desde a Deputación de Ourense, e en colaboración con entidades de Galicia e do norte de Portugal, COMENERG traballa para facilitar a creación de comunidades enerxéticas locais, ofrecer apoio técnico e achegar a transición enerxética aos municipios e á cidadanía.

A iniciativa da Comisión confirma que a acción das administracións locais resulta esencial: poden crear condicións, mobilizar recursos e abrir novas oportunidades para que a enerxía renovable xere beneficios compartidos no territorio.

O que impulsamos desde a Raia forma parte dunha transformación europea máis ampla: unha enerxía máis próxima, participativa e xusta.

🔗 Máis información sobre a iniciativa europea:
https://public-buyers-community.ec.europa.eu/communities/social-public-procurement-energy-communities/news/energy-communities-community-practice

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!