— Producir enerxía limpa tamén significa decidir como e onde a producimos —

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou a suspensión cautelar do parque eólico Fial das Corzas, proxectado nos concellos ourensáns de Laza e Vilar de Barrio, na contorna do Macizo Central.

A resolución volve poñer sobre a mesa unha cuestión fundamental: a transición enerxética debe avanzar da man da protección do territorio e das persoas que viven nel.

⚡ E aí as comunidades enerxéticas locais ofrecen outra maneira de facer as cousas:

🏘️ Xeración distribuída e próxima ao lugar de consumo.                                              🤝 Participación da cidadanía, concellos, empresas e entidades locais.                      🌱 Instalacións adaptadas á escala e ás características de cada territorio.               💶 Aforro enerxético e económico que permanece na comunidade.                          🔋 Maior capacidade local para decidir como producir, compartir e consumir enerxía.

Desde COMENERG traballamos precisamente neste modelo: unha transición enerxética construída desde o territorio e co territorio.

Porque o futuro enerxético non consiste unicamente en producir máis enerxía renovable. Tamén importa onde se produce, como se produce e quen participa nas decisións.

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!