No marco das accións do Plan de Participación e Dinamización Social orientadas ao ámbito educativo, COMENERG desenvolveu un obradoiro na Escola Profissional do Alto Minho Interior (EPRAMI), situada en Monção, coa participación de alumnado e profesorado das áreas de Ciencias.
Durante a sesión abordáronse conceptos clave como o funcionamento das comunidades enerxéticas, as súas diferenzas respecto do autoconsumo individual e o seu papel na transición enerxética. Así mesmo, tratáronse os principios do autoconsumo colectivo, o uso da enerxía fotovoltaica e as posibilidades de xestión compartida da enerxía.
A actividade contribuíu tamén a reforzar a dimensión transfronteiriza do proxecto COMENERG, ampliando as accións de sensibilización ao territorio do Alto Minho.
Como resultado principal, o obradoiro favoreceu a construción dunha cultura enerxética máis informada, crítica e aliñada coa futura práctica profesional do alumnado.
Recent Comments