A Deputación de Ourense adxudica a creación dunha oficina transfronteriza de apoio á transición enerxética dentro do proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (feder) dentro do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
A Deputación de Ourense adxudicou á enxeñería Sertogal S.L, por un total de 269.678,75 € (IVE incluído), a creación dunha oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética. Esta oficina prestará servizos de soporte na creación e consolidación de comunidades enerxéticas, así como información sobre mecanismos de axudas e novas iniciativas en materia de transición enerxética, como parte do Proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do Programa INTERREG VI-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2021-2027.
Como primeira acción, no marco do mencionado contrato, a Deputación de Ourense redactará un plan de viabilidade económica no que se incluirá información sobre os custos estimados para a creación dunha CEL e os recursos financeiros dispoñibles para levala a cabo. Este plan incluirá detalles sobre as regulacións legais, os permisos e os pasos necesarios para establecer un sistema de enerxía comunitario, é dicir, cómo xerar e distribuír a enerxía nunha comunidade específica en base ás condicións físicas, sociais e tecnolóxicas do territorio de implantación. Ademais, a Deputación deseñará un sistema de participación dos axentes implicados na constitución das CEL organizando diversas reunións e outras accións de información, impulso, dinamización, formación e concienciación sobre transición enerxética. Nesta liña, lanzará unha serie de campañas de comunicación e sensibilización sobre aforro e eficiencia enerxética enfocadas na cidadanía en xeral. Como parte destas medidas, abrirá unha oficina para a atención ao público en xornada de mañá, de lúns a venres, no termo municipal de Ourense.
Nesta primeira fase, crearanse 17 comunidades enerxéticas locais que se concretarán co seu rexistro oficial así como coa redacción dos seus estatutos. A Deputación elaborará 17 proxectos técnicos para a construción, instalación, montaxe e posta a punto das infraestruturas necesarias para a produción de autoconsumos colectivos de tecnoloxía solar fotovoltaica para estas comunidades.
O proxecto 0052_COMENERG_1_E, presentado á terceira convocatoria do Programa de Cooperación Interreg VI A España-Portugal, foi aprobado a finais do 2023, sendo a Deputación de Ourense o Beneficiario Principal dun proxecto no cal tamén participan a CIM Alto Minho, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, a Area Alto Minho, o Instituto Enerxético de Galicia e a Universidade de Vigo.