O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), socio do proxecto COMENERG, abre unha nova liña de axudas para a planificación enerxética de comunidades enerxéticas (código IN418E).

💶 Financia o 80 % dos custos de asistencia técnica e xurídica, redacción de estatutos, anteproxecto de infraestruturas, estudo de viabilidade económica e accións de captación de socios.

Axuda máxima segundo o tamaño da comunidade:

🔹 Menos de 10 membros: ata 15.000 €
🔹 De 10 a 100 membros: ata 20.000 €
🔹 Máis de 100 membros: ata 25.000 €

(+5.000 € se se acredita dispoñer de localización para novas infraestruturas)

👥 Dirixida a comunidades enerxéticas xa constituídas —ou en proceso de constitución— con sede en Galicia.

🗓️ Prazo de solicitude: do 3 de xullo ao 3 de agosto de 2026.

📩 Solicitude electrónica en sede.xunta.gal e inega.gal.

Desde COMENERG animamos concellos, cidadanía e entidades do territorio a aproveitar estas oportunidades para seguir avanzando cara a un modelo enerxético máis local, participativo e sustentable.

🔗 Máis info: https://www.inega.gal/es/ayudas/subvenciones-ano-2026-para-planificacion-energetica-de-comunidades-energeticas

 

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!