Despois de comezar o 2026 falando dos retos e oportunidades para a transición enerxética local, hoxe compartimos un paso firme nese camiño: a adxudicación das obras para as primeiras instalacións fotovoltaicas piloto do proxecto COMENERG.
No mes de novembro, a Deputación de Ourense adxudicou as obras de instalación de dous sistemas de autoconsumo colectivo de 100 kW, con compensación de excedentes, nos pavillóns de Muíños (Mugueimes) e A Gudiña.
🏗️ As obras executaranse en dous lotes:
• 📍 Muíños, adxudicado a Baratze Sostenible SL (87.967,17 €)
• 📍 A Gudiña, adxudicado a Cobra Instalaciones y Servicios SA (87.071,90 €)
Estas instalacións marcarán o inicio real das Comunidades Enerxéticas Piloto no rural galego. Unha aposta por:
✅ Enerxía renovable e accesible
✅ Maior autosuficiencia local
✅ Participación cidadá activa
✅ Redución de emisións e coidado do contorno
Estas comunidades non só abastecerán de enerxía limpa, senón que se
🔋 COMENERG comeza a transformar cubertas en enerxía compartida
converterán en referentes para novas iniciativas no territorio da raia hispano-lusa.
⚙️ Trátase da execución da Actividade 3 do proxecto COMENERG: “Implantación de proxectos piloto de Comunidades Enerxéticas”.
Recent Comments