No marco de COMENERG continuamos avanzando na implantación de instalacións fotovoltaicas para autoconsumo colectivo na provincia de Ourense. As imaxes mostran as actuacións realizadas na Gudiña e en Muíños, que permiten aproveitar as cubertas dos edificios para producir enerxía renovable local.

Ademais, incorporamos á nosa web novos recursos dirixidos aos concellos, entidades e persoas interesadas en impulsar comunidades enerxéticas:

📗 Guía de comunidades enerxéticas
📊 Plan de viabilidade económica para a creación dunha comunidade enerxética
⚖️ Informe xurídico sobre a normativa aplicable ás comunidades enerxéticas.        🔍 Estudo de benchmarking das comunidades enerxéticas en Galicia e norte de Portugal                                                                                                                  🧭 Pasos necesarios para establecer un sistema de xeneración e distribución nunha comunidade enerxética, tendo en conta as condiciones do territorio

Con estas actuacións e ferramentas queremos facilitar o desenvolvemento de iniciativas enerxéticas locais, sostibles e participativas, poñendo o coñecemento e a enerxía ao servizo do territorio.

🔗 Consulta os documentos na nosa web.

Proxecto COMENERG, cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg España–Portugal.

 

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!