O MITECO acaba de adxudicar 10,7 millóns de euros para crear 106 novas comunidades enerxéticas en España. Con todo, os datos volven mostrar un desequilibrio que se repite convocatoria tras convocatoria: 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐚𝐩𝐞𝐧𝐚𝐬 𝐜𝐚𝐩𝐭𝐚 𝐫𝐞𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬.

Nesta quinta edición, só aprobáronse 𝐝𝐨u𝐬 𝐩𝐫𝐨x𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 en toda a comunidade, mentres Cataluña alcanza 42, Andalucía 16 ou Castela e León 12.

Por que ocorre? Desde COMENERG observamos varias claves que axudan a entender esta situación:

𝐏𝐫𝐢𝐦𝐞i𝐫𝐨: 𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐚𝐧í𝐚 𝐩𝐨u𝐜𝐨 𝐚𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚ñ𝐚𝐝𝐚.

Os territorios que máis financiamento reciben contan con estruturas sólidas de asesoramento técnico. En Galicia, este acompañamento aínda é limitado, aínda que proxectos como a nosa Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética empezan a transformar o panorama.

𝐒𝐞𝐠𝐮𝐧𝐝𝐨: 𝐟𝐚𝐥l𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐨𝐩𝐞𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐞𝐧 𝐞𝐧𝐞𝐫xí𝐚.

Mentres noutros lugares as comunidades enerxéticas levan anos consolidándose, Galicia segue moi vinculada a grandes operadores e proxectos centralizados, o que dificulta impulsar iniciativas cidadás.

𝐓𝐞𝐫𝐜𝐞i𝐫𝐨: a 𝐭𝐫𝐚𝐦𝐢𝐭𝐚𝐜𝐢ó𝐧 segue a ser 𝐮𝐧 𝐫𝐞𝐭𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 concellos pequen𝐨𝐬.

Os procesos administrativos e a estrutura xurídica necesaria fan que moitos concellos —especialmente en zonas rurais— non cheguen a presentar propostas, a pesar do interese crecente no autoconsumo colectivo.

Aínda así, o camiño está a abrirse.

Proxectos como 𝐂𝐎𝐌𝐄𝐍𝐄𝐑𝐆, que impulsa comunidades enerxéticas locais en Ourense e o norte de Portugal, demostran que o 𝐚𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚ñ𝐚𝐦𝐢𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐭é𝐜𝐧𝐢𝐜𝐨 e a 𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐟𝐫𝐨𝐧𝐭𝐞i𝐫𝐢𝐳𝐚 son pancas reais para que a cidadanía poida liderar a transición enerxética.

A oportunidade está aí: unha enerxía máis democrática, local e sostible.

A pregunta é se Galicia quere seguir á cola… ou empezar a liderar este cambio. Únete á comunidade do cambio en comenergpoctep.eu

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!