Do 25 ao 27 de marzo estaremos en Silleda, en ENERXÉTIKA 2026

A nosa oficina estará presente na quinta edición de ENERXÉTIKA, a feira da enerxía que se celebra na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra), un dos grandes espazos de referencia do noroeste peninsular para encontros profesionais, innovación e análise sectorial.

ENERXÉTIKA consolidouse como un foro clave para empresas, institucións e profesionais, nun momento no que a transformación do modelo enerxético esixe máis diálogo, máis colaboración e máis capacidade para compartir coñecemento e solucións.

Durante estes días, Silleda acollerá un completo programa arredor do presente e do futuro da enerxía, nun contorno que conxuga negocio, innovación, interacción e reflexión, e que volve reforzar o seu atractivo coa celebración paralela de ExpoMunicipal, conectando así o sector enerxético co dos servizos municipais.

📍 Onde se celebra?

Na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, a un paso de Santiago de Compostela. Un recinto de gran versatilidade, con máis de 400.000 m² de superficie, amplos pavillóns, auditorio, salas polivalentes, zonas exteriores e aparcadoiro.

🎟️ A asistencia é gratuíta, previa inscrición.

Vémonos do 25 ao 27 de marzo nun espazo clave para seguir avanzando cara a un modelo enerxético máis innovador, conectado e sostible.

#COMENERG #Enerxetika2026 #Silleda #Enerxia #TransicionEnerxetica #ComunidadesEnerxeticas #Innovacion #Sostibilidade #ExpoMunicipal #Galicia

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!