Blog

O poder das comunidades enerxéticas: aprendendo de Samsø, a Illa Verde de Dinamarca

En Europa hai máis de 1.900 proxectos comunitarios enerxéticos nos que participan máis de 1.250.000 consumidores. Este movemento reflicte como as persoas se unen para xerar, compartir e xestionar enerxías limpas, reducindo as emisións de carbono e promovendo a independencia enerxética. Un dos primeiros exemplos destacados deste fenómeno é a illa de Samsø en Dinamarca. Cunha poboación de 4.000 habitantes, Samsø é hoxe un modelo de autosuficiencia enerxética, xerando o 100% da súa enerxía a través de fontes renovables como a eólica, a solar e a biomasa.

read more

A Deputación de Ourense adxudica o servizo de deseño e posta en funcionamento dunha páxina web, perfís en redes sociais, imaxe corporativa e accións divulgativas do proxecto COMENERG, un proxecto de creación de Comunidades Enerxéticas, cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VI-A España-Portugal (POCTEP)

A Deputación de Ourense adxudicou a finais de setembro de 2024 o servizo de deseño e implantación dunha páxina web, perfís en redes sociais, imaxe corporativa e accións divulgativas do Proxecto 0052_COMENERG_1_E, cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do programa INTERREG VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. Este servizo, adxudicado ao estudo galego La Décima Planta, dirixido por Juan Pablo Rivas Pires, prestarase ata o 31 de decembro de 2026.

read more

Que son as comunidades enerxéticas?

E se puideses producir a túa propia enerxía? E se puideses aproveitar o potencial dos recursos renovables da túa contorna (auga, sol, vento...) para acender a luz da rúa, quentar a túa casa ou facer funcionar o teu coche, reducindo o gasto en calefacción, taxas...

read more