En Comenerg, traballamos todos os días para fomentar a creación de comunidades enerxéticas locais, e estamos orgullosos de ver como hai iniciativas veciñais que avanzan na mesma dirección. Un exemplo claro é o proxecto europeo EC4Rural, liderado polo noso socio, a Universidade de Vigo (UVigo) .

Este proxecto ten como obxectivo promover a creación de 34 comunidades enerxéticas en zonas rurais de Europa, unindo forzas a través dun consorcio multidisciplinar no que participan entidades de España, Bélxica e Estonia.

🔹 Dende España, xunto coa UVigo , forman parte do proxecto a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a cooperativa Sapiens Energía, a Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop e a Fundación Juana de Vega. En Galicia, neste proceso están implicados 22 concellos, que ocupan case 2.700 hectáreas e suman unha poboación de 94.000 habitantes.

🔹 Desde Estonia, participan a Universidade de Tartu, a Asociación de Cidades e Municipios de Estonia, a Axencia Enerxética Rexional de Tartu e a Unión Estonia Leader (ELU). Alí están 12 concellos implicados, con máis de 125.000 habitantes e unha superficie de 9.000 hectáreas.

🔹 Desde Bélxica, a European Leader Association for Rural Development (ELARD) achega a súa experiencia no desenvolvemento rural a nivel europeo.

En Comenerg, compartimos esta visión e traballamos para facilitar a creación de comunidades enerxéticas na provincia de Ourense e no norte de Portugal. Estamos convencidos de que a transición enerxética é unha viaxe colectiva, e iniciativas coma esta non só demostran que non camiñamos sós, senón que tamén reforzan o noso compromiso por un futuro máis sostible e xusto .

Queres saber máis sobre como crear a túa propia comunidade enerxética ou obter respostas a calquera dúbida?

A nosa oficina está sempre aberta para axudarche e guiarte en cada paso do proceso.

📩 Contáctanos e construamos xuntos o futuro enerxético que a nosa terra merece.

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!