A transición enerxética só avanza se a cidadanía forma parte do cambio. Por iso, España e Galicia crearon un ecosistema público que impulsa a creación de Comunidades Enerxéticas en todo o territorio.
✔ 𝗠𝗜𝗧𝗘𝗖𝗢 (𝗣𝗥𝗧𝗥)
A través de CE Implementa e as Oficinas de Transformación Comunitaria (OTC), impulsa proxectos de autoconsumo colectivo e facilita acompañamento técnico á cidadanía.
✔ 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 – 𝗜𝗡𝗘𝗚𝗔
Reforzan este proceso con axudas ao autoconsumo, almacenamento e eficiencia enerxética, especialmente en vivendas e zonas rurais.
✔ 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗡𝗘𝗥𝗚 – 𝗗𝗲𝗽𝘂𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗢𝘂𝗿𝗲𝗻𝘀𝗲
Desde Ourense e o Norte de Portugal, a nosa Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética achega toda esta información ao territorio, acompaña a concellos, empresas e veciños, e dinamiza a creación de comunidades enerxéticas locais.
A enerxía do futuro será máis limpa, pero tamén máis participativa, comunitaria e próxima.
👉 En COMENERG estamos a traballar para que esa transición chegue a cada pobo, barrio e comarca.
comenergpoctep.eu
𝗦𝗼𝗰𝗶𝗼𝘀: Deputación de Ourense, CIM do Alto Minho, Instituto Politécnico de Viana do Castelo, AREA Alto Minho, Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e Universidade de Vigo.
(𝗣𝗿𝗼x𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗰𝗼𝗳𝗶𝗻𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮𝗱𝗼 ao 𝟳𝟱% 𝗽𝗼lo 𝗙𝗘𝗗𝗘𝗥 – 𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗥𝗥𝗘𝗚 𝗩𝗜-𝗔 𝗘𝘀𝗽𝗮ñ𝗮–𝗣𝗼𝗿𝘁𝘂𝗴𝗮𝗹 (𝗣𝗢𝗖𝗧𝗘𝗣) 𝟮𝟬𝟮𝟭–𝟮𝟬𝟮𝟳)