O vindeiro martes ás 20:00 h, a Oficina Transfronteiriza de apoio á transición enerxética cofinanciada ao 75% con carga ao FEDER da UE a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 celebrará unha xornada informativa en Cea para explicar como poñer en marcha unha Comunidade Enerxética Local (CEL) no municipio, dentro do programa europeo COMENERG.
As Oficinas de Transformación Comunitaria (OTC) naceron cun obxectivo claro: impulsar a creación de comunidades enerxéticas que produzan e xestionen a súa propia enerxía renovable de maneira local, xusta e compartida.
Durante a xornada explicaremos en que consiste o programa COMENERG, que pasos cómpre seguir para crear unha CEL en Cea e como pode participar calquera persoa, empresa, asociación ou administración interesada en liderar esta transición.
A xornada enmárcase no proceso de información sobre Comunidades Enerxéticas Locais, para o seu impulso a través da captación de socios e socias promotoras.
📍 Martes | 20:00 h | Edificio Multiusos (CEA)
Estamos tamén en contacto con concellos da comarca para que veciños e veciñas da comarca interesados se sumen á iniciativa e se informen.
💡 Súmate á transición enerxética desde o teu concello!
#comenerg #comunidadeenerxética #cea #transiciónenerxética #OTC #sostibilidade #galicia #enerxíalocal