Un paso firme cara a unha provincia máis sostible e autosuficiente.

Onte celebramos en San Cristovo de Cea unha nova xornada informativa do proxecto COMENERG, que serviu tamén como reunión do Comité de Participación, coa asistencia de:

🔹 O deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago

🔹 O alcalde de Cea, José Luis Valladares Fernández

🔹 O alcalde de Coles, Manuel Vázquez Rodríguez

🔹 O alcalde de Piñor, José Luis González Rodríguez

🔹 Representantes de Comunidades de Montes e máis de 30 veciños e veciñas interesadas

🗣️ A sesión comezou coa intervención das autoridades, seguida pola exposición técnica a cargo da Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética e a empresa Sertogal, que explicaron:

  • O concepto de Comunidade Enerxética Local
  • Exemplo real de autoconsumo colectivo
  • Mecanismos de participación, financiamento e modelo xurídico

💬 O debate posterior foi moi enriquecedor, con preguntas sobre a rentabilidade, a duración das instalacións, a recollida dos compoñentes ao final da súa vida útil, ou a participación das Comunidades de Montes, que xerou moito interese pola súa posible implicación directa.

🤝 A xornada pechouse cun ambiente de colaboración, diálogo aberto e vontade de seguir avanzando na autonomía enerxética local.

💡 Grazas a todas as persoas participantes por construír con nós un futuro máis sostible e consciente.

#COMENERG #ComunidadesEnerxéticas #DeputaciónDeOurense #TransiciónEnerxética #EnerxíaRenovable #OurenseSostible #Cea #Piñor #Coles #EnerxíaLocal #Autoconsumo

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!