A nosa Oficina de Transición Enerxética informa que entrou en vigor a Real Decreto-lei 7/2025, unha norma que marca un punto de inflexión para as comunidades enerxéticas locais e o impulso do autoconsumo compartido.

✅ Unha das principais novidades é a ampliación do radio de autoconsumo de 2 a 5 quilómetros para instalacións de ata 5 MW.

Esta medida, coñecida como a regra “5×5”, permite que máis persoas, fogares, pemes, cooperativas e concellos se conecten a instalacións colectivas de enerxía renovable, multiplicando así o potencial das comunidades enerxéticas.

💡 Ademais:

  • Flexibilízanse as tipoloxías de autoconsumo compartido.
  • Créase a figura do xestor de autoconsumo, que poderá representar e facilitar a xestión aos membros dunha comunidade.
  • Refórzanse outras medidas para fomentar a electrificación, o almacenamento e a resiliencia do sistema eléctrico.

Desde COMENERG celebramos esta medida como unha gran oportunidade para seguir construíndo un modelo enerxético máis xusto, local e participativo.

🧭 Es unha persoa comprometida coa túa contorna?

Formas parte dunha asociación, empresa ou entidade pública interesada na sustentabilidade e a eficiencia enerxética?

🌱 Ti podes ter un papel crave no nacemento dunha Comunidade Enerxética Local (CEL) no teu municipio.

Desde a Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética temos habilitado un novo apartado na nosa web para crear un directorio de persoas e entidades interesadas en formar parte do cambio.

👥 Axudarémosche a entrar en contacto con outras persoas na túa mesma situación e acompañarémosche con asesoramento técnico e xurídico para poñer en marcha a túa comunidade enerxética.

🔗 Enche este breve formulario e convérteche en axente impulsor dun novo modelo enerxético:

👉 LIGAZÓN: https://comenergpoctep.eu/comunidad-del-cambio/

💬 O teu interese pode ser o primeiro paso para xerar enerxía limpa, aforrar na túa factura e fortalecer a túa comunidade.

📞 Más información: 988 510 003

✉️ Contáctanos a través da nosa web ou redes sociais.

🔄 Comparte esta información se coñeces a alguén que queira sumarse á transición enerxética no seu territorio.

#COMENERG #ComunidadesEnerxéticas #AutoconsumoCompartido #TransiciónEnerxética #5×5 #OficinaTransfronteiriza #DirectoriodEnerxía #EnerxíaCidada #CEL

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!