En agosto de 2025, o Goberno de España resolveu a sexta convocatoria do programa CE Implementa, destinando 35,6 millóns de euros á creación de 27 novas comunidades enerxéticas en España.

⚡️ Galicia sitúase á cabeza, con 8 proxectos aprobados que captan o 58% dos fondos (20,7 millóns de euros).

☀️ Os proxectos fomentarán a instalación de renovables, o almacenamento de enerxía e novos puntos de recarga para vehículos eléctricos.

🌱 En total, sumaranse 68 MW de potencia renovable, máis da metade en municipios con reto demográfico.

Este impulso confirma a Galicia como territorio de referencia na democratización da enerxía, situando á cidadanía no centro do proceso: consumidores que se converten en produtores da súa propia enerxía limpa, con beneficios ambientais, sociais e económicos.

🔋 Desde Comenerg celebramos este paso decisivo cara a unha transición enerxética xusta e sostible na nosa terra.

#ComunidadesEnerxéticas #Galicia #EnerxíaRenovable #NextGenEU #Comenerg

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!