Galicia segue marcando o ritmo na transición enerxética. O 85 % da enerxía eléctrica xerada na comunidade procede xa de fontes renovables, tal como destacou Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Minas, durante o XVIII Simposio sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética celebrado en Ourense.

🌍 “Queremos que Galicia siga sendo unha terra onde se desenvolvan proxectos enerxéticos, pero garantindo sempre un retorno á cidadanía”, afirmou Fernández Vila, en alusión á nova Lei de Recursos Naturais promovida pola Xunta de Galicia.
O Goberno galego reforza o seu compromiso cun modelo enerxético máis limpo e xusto, apoiando a familias e empresas mediante:

✅ Axudas ao autoconsumo

✅ Subvenciones para instalacións de renovables térmicas

✅ Programas para fomentar comunidades enerxéticas locais

💡 Galicia avanza, non só como referente enerxético, senón como exemplo de desenvolvemento sostible con beneficios reais para a cidadanía.

#GaliciaSostenible #EnergíaRenovable #TransiciónEnergética #Autoconsumo #ComunidadesEnergéticas #OurenseRenovable

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!