A European Energy Communities Facility lanzou a súa primeira convocatoria de 2025 para iniciativas cidadás e locais en 29 países europeos.
👉 O programa ofrece unha axuda económica fixa de 45.000 € a comunidades enerxéticas en fase inicial, destinada ao desenvolvemento dun plan de negocio sólido e sostible.
Os proxectos seleccionados poderán financiar:
- Estudos de viabilidade técnica e financeira
- Definición do modelo de gobernanza
- Estratexias de participación cidadá
- Deseño de servizos enerxéticos innovadores
📅 Prazo de solicitudes: do 2 de xuño ao 30 de setembro de 2025.
🌍 Beneficiarios: comunidades emerxentes de todos os Estados membros da UE e países asociados, con prioridade para proxectos replicables e en etapas temperás.
🔗 Consulta a guía oficial da convocatoria
🔗 Entra aquí para solicitar o financiamento
Este tipo de programas reforza a tendencia á alza das comunidades enerxéticas en España: segundo o último informe do Observatorio de Enerxía Común, xa son 659 comunidades enerxéticas (+44 % nun ano), o que demostra a forza da cidadanía organizada para transformar o modelo enerxético.
Na raia galego-portuguesa, o proxecto COMENERG, impulsado pola Deputación de Ourense e o programa INTERREG VI-A España-Portugal, traballa na mesma liña: fomentar a autonomía enerxética, reducir custos e combater a pobreza enerxética no rural.