XVIII Simposio Internacional de Enerxías Renovables en Expourense
🟠 O Simposio de Enerxías Renovables reuniu a 9 expertos internacionais en Ourense para mostrar que a arquitectura sostible e a xeotermia non son o futuro: son o presente.
Participaron profesionais de España, Portugal, Alemaña e Polonia, que compartiron casos de éxito e solucións innovadoras en edificación eficiente.
🟠 Analizouse o papel cada vez máis activo da cidadanía como produtora de enerxía renovable grazas a tecnoloxías de autoconsumo e a modelos colectivos como as Comunidades Enerxéticas.
🟠 Neste campo, destacouse o proxecto COMENERG, executado pola Deputación de Ourense con fondos FEDER, e que se implanta en 17 municipios. O máis avanzado é o da Peroxa, cuxa comunidade enerxética estará operativa antes de final de ano.
🟠 Tamén se presentaron exemplos internacionais como o anel hidráulico urbano de Troisdorf (Alemaña), o búnker sostible patentado por SolidBunkers (Portugal) ou proxectos nacionais de referencia como a PassivHaus de Celanova, a rehabilitación enerxética do Gran Hotel Claridge (Granada) e o novo edificio do Museo de Mutua Madrileña (Madrid).
🟠 Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética, destacou que “Galicia xera xa o 85% da súa enerxía de fontes renovables”, reafirmando o liderado galego na transición enerxética.
🏡 A vivenda que produce enerxía xa é unha realidade. COMENERG faia posible en Ourense.
#Comenerg #Expourense2025 #ComunidadesEnerxéticas #Xeotermia #ArquitecturaSostible #PassivHaus #Troisdorf #BunkerSostible #EnergíaRenovable #EficienciaEnerxética #OurenseSostible #INEGA #FEDER #POCTEP #DeputacióndeOurense #TransiciónEnerxética #VivendaDoFuturo #APeroxa