O pasado 29 de maio, a Oficina Transfronteiriza do proxecto COMENERG participou no XVIII Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética, celebrado en Expourense.
🟠 Durante a xornada, abordáronse temas clave do sector, destacando dous relatorios especialmente aliñadas cos obxectivos do proxecto:
1️⃣ Pablo Fernández Vila, director do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), presentou as liñas de axuda para eficiencia enerxética e renovables, achegando unha visión actualizada sobre as oportunidades de financiamento para entidades locais e comunidades cidadás.
2️⃣ José María Lago Cabo, Deputado Provincial de Medio Ambiente e Enerxía da Deputación de Ourense, expuxo o compromiso provincial coas Comunidades Enerxéticas Locais (CEL), visibilizando o papel do proxecto COMENERG e detallando os seus obxectivos e avances actuais.
🟠 Ademais, a Oficina realizou unha acción específica de difusión institucional, mediante a distribución de dípticos informativos e a instalación dun roll–up xunto ao escenario, o que garantiu a visibilidade do proxecto ao longo de todo o evento.
🟠 O simposio, cun público técnico internacional (España, Portugal, Alemaña, Polonia), foi unha oportunidade para establecer contactos, intercambiar experiencias e reforzar o posicionamento de COMENERG dentro da estratexia enerxética provincial.
♻️ Esta participación consolida o compromiso de COMENERG coa transición enerxética sostible no territorio transfronteirizo e coa promoción activa das enerxías renovables e a eficiencia enerxética.