A nosa Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética estivo presente na 3ª edición de ENERH2O, a feira internacional celebrada en Exponor – Porto, que reúne a profesionais e empresas do sector da auga e das enerxías renovables.

🌍 Este evento B2B consolídase como un espazo de referencia para compartir solucións innovadoras en xestión hídrica, eficiencia enerxética, climatización sostible e economía circular.

🤝 Para COMENERG, participar en ENERH2O significa reforzar a colaboración transfronteiriza e dar visibilidade aos proxectos que impulsamos en Galicia e o Norte de Portugal en materia de comunidades enerxéticas locais e autoconsumo colectivo.

#EnerH2O #Comenerg #POCTEP #Ourense #Portugal #ComunidadesEnergéticas #TransiciónEnergética

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!