Tras abrir o 2026 falando de retos e oportunidades para a transición enerxética local, hoxe compartimos un paso firme nese camiño: a adxudicación das obras para as primeiras instalacións fotovoltaicas piloto do proxecto COMENERG.

En novembro, a Deputación de Ourense adxudicou as obras de instalación de dous sistemas de autoconsumo colectivo de 100 kW, con compensación de excedentes, nos pavillóns de Muíños (Mugueimes) e A Gudiña.

🏗️ As obras se executan en dous lotes:

• 📍 Muíños, adxudicado a Baratze Sostenible SL (87.967,17 €)

• 📍 A Gudiña, adxudicado a Cobra Instalaciones y Servicios SA (87.071,90 €)

Estas instalacións marcarán o inicio real das Comunidades Enerxéticas Piloto no rural galego. Unha aposta por:

✅ Enerxía renovable e accesible

✅ Maior autosuficiencia local

✅ Participación cidadá activa

✅ Redución de emisións e coidado da contorna

Estas comunidades non só abastecerán de enerxía limpa, senón que se converterán en referentes para novas iniciativas no territorio da “Raia” hispano-lusa.

O proxecto 0052_ COMENERG_1_E, presentado á terceira convocatoria do Programa de Cooperación Interreg VI A España-Portugal, foi aprobado a finais de 2023, sendo a Deputación de Ourense o Beneficiario Principal dun proxecto no cal tamén participan CIM Alto Minho, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Area Alto Minho, o Instituto Enerxético de Galicia e a Universidade de Vigo.

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!