👉 Este mes de setembro poñemos o foco no II Cumio de Comunidades Enerxéticas, en Toledo (Castela – A Mancha).

O encontro reunirá a cidadanía, entidades locais e axentes do sector para compartir avances, identificar retos e debater o futuro das comunidades enerxéticas. Haberá mesas de traballo sobre regulación, gobernanza, tramitacións e experiencias que van máis aló do autoconsumo.

👉 Tras a primeira edición, lanzouse o Manifesto en prol das Comunidades Enerxéticas e da Autosuficiencia Enerxética, con vocación de tecer alianzas e defender intereses comúns.

📊 En paralelo, os últimos datos do Observatorio de Enerxía Común mostran que en 2024 España alcanzou 659 comunidades enerxéticas, cun crecemento do 44% interanual. Unha tendencia imparable que reflicte a forza da cidadanía organizada.

🌍 Desde Comenerg, impulsado pola Deputación de Ourense, INTERREG VI-A España-Portugal (POCTEP) e socios como INEGA, Universidade de Vigo ou CIM Alto Minho, seguimos traballando para que Ourense e o Norte de Portugal avancen en sustentabilidade, autonomía enerxética e cohesión social.

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!