As Comunidades Enerxéticas da Gudiña e Muíños impulsan o cambio cara a un modelo enerxético máis limpo e compartido.

🟠 Proxectos fotovoltaicos listos: Xa están visados os proxectos de instalación solar para autoconsumo colectivo con compensación de excedentes na Gudiña e Muíños. Cada instalación contará con 100 kW de potencia, situándose en cubertas municipais.

🟠 Un paso máis cara á autosuficiencia enerxética: Grazas ao traballo técnico de SertoGal, adxudicataria do servizo de oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética, están a tramitarse as cesións de uso de cubertas por parte dos concellos ás CEL para executar as obras.

🟠 Conexión a rede, o seguinte fito: Xa comezaron tamén os trámites con comercializadoras e distribuidoras para conectar estas instalacións, o que permitirá aproveitar desde o primeiro día a enerxía solar xerada.

💡 Esta iniciativa exemplifica o compromiso das nosas comunidades por un modelo sostible, colaborativo e conectado coa cidadanía.

#TransiciónEnergética #ComunidadesEnergéticas #EnergíaSostenible #CEL #AGudiña #Muíños #SertoGal #RaiaSeca #GerêsXurés

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!