As comunidades enerxéticas e as infraestruturas verdes son dous camiños complementarios cara a un futuro sostible.

O pasado 13 de xuño, a través do noso equipo da Oficina de Transición Enerxética, estivemos presentes nunha xornada na que a Deputación de Ourense e a Universidade da Coruña presentaron a Estratexia Provincial de Infraestruturas Verdes e Loita contra o Cambio Climático de Ourense. Un proceso aberto que convida á cidadanía ourensá a sumar as súas achegas.

Desde @comenreg celebramos este enfoque compartido que sitúa ás persoas e ao territorio no centro das solucións sostibles. A loita contra o cambio climático é tamén un reto enerxético, e as comunidades enerxéticas locais que impulsamos desde COMENERG forman parte desa resposta directa e transformadora.

A Deputación de Ourense e a Universidade da Coruña son entidades socias, xunto a outras 9 organizacións galegas e portuguesas, do proxecto europeo Green Gap. Este proxecto convida á cidadanía para contribuír activamente a unha estratexia común polo futuro do territorio.

Anímache a participar! Porque a transición verde constrúese entre todas e todos.

Máis info: https://www.depourense.gal/gl/nova/o-proxecto-green-gap-invita-vecinanza-facer-aportacions-prol-de-enriquecer-estratexia

#Comenerg #GreenGap #InfraestruturasVerdes #CambioClimático #ComunidadesEnerxéticas #DeputaciónOurense #USC #TransiciónEcolóxica #EstratexiaOurense #EnerxíaSostible #Interreg

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!