📅 O pasado 1 de abril de 2025, celebrouse en Viana do Castelo unha nova reunión do Comité de Pilotaxe do proxecto COMENERG, coa participación dos socios portugueses e españois:
🇵🇹 Portugal
• Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC)
• CIM Alto Minho
- AREA Alto Minho-Agencia Regional de Energía e Ambiente do Alto Minho
🇪🇸 España
• Deputación de Ourense
• INEGA – Instituto Enerxético de Galicia
• Universidade de Vigo
Durante o encontro, debatéronse os avances na implementación das Comunidades Enerxéticas Locais, revisouse o estado de execución técnica e financeira do proxecto, e planificáronse os próximos pasos para seguir impulsando a transición enerxética na Eurorrexión.
📍 A reunión tivo lugar nas instalacións do IPVC, onde se abordaron temas clave como a oficina transfronteiriza de apoio, as accións de comunicación, os proxectos piloto en marcha e a coordinación xeral do consorcio.
⚡ Seguimos traballando por un territorio máis sostible, colaborativo e innovador.
#COMENERG #ComunidadesEnergéticas #TransiciónEnergética #CooperaciónTransfronteriza #PortugalGalicia #Interreg #EurorregiónGaliciaNortePortugal #Sustentabilidade #Innovación #EnergíaVerde #VianaDoCastelo #EnergíaLocal