En Comenreg apasionámonos por compartir exemplos inspiradores de comunidades que están a liderar o cambio cara a un futuro máis sostible. Tanto en Europa como en Galicia e o norte de Portugal, e en cada vez máis puntos de España, vemos como o modelo de comunidades enerxéticas segue crecendo e demostrando o seu impacto positivo.

Nesta ocasión, a boa nova chega dende Córdoba, onde a Agencia Provincial de la Energía puxo en marcha a Oficina de Transformación Comunitaria (OTC). Un espazo onde calquera persoa ou entidade interesada en formar unha comunidade enerxética pode atopar o asesoramento e a información que precisa para dar os seus primeiros pasos.

💡 Por que é importante?

  • En 2024, máis de 100 veciños participaron na formación sobre autoconsumo e eficiencia enerxética.
  • O obxectivo é realizar 40 xornadas máis en distintos concellos, achegando estes coñecementos a todos os recunchos da provincia.
  • Iniciativas como a de Espejo e Villafranca de Córdoba xa están a liderar, demostrando como a colaboración comunitaria se pode traducir en aforro, sostibilidade e compromiso social.

🔋 E en Ourense tamén avanzamos. Xa está operativa a nosa Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética, un espazo dedicado a asesorar e apoiar a aqueles que queiran formar parte do cambio cara a un modelo enerxético máis limpo e xusto.

📍 Ven a coñecernos:

📌 Rúa do Conso, número 2, Ourense

Desde aquí, supervisamos de preto cada desenvolvemento, compartindo experiencias e reforzando a idea de que estamos no camiño correcto cara a unha transición enerxética xusta e sostible .

➡️ Porque cada paso conta, e cada experiencia é unha oportunidade para aprender e crecer xuntos. Sigamos construíndo comunidades enerxéticas fortes e conscientes!

#ComunidadesEnerxéticas #TransiciónEnerxética #EnerxíaLimpa #CórdobaSostible #Ourense #Comenerg

A Comunidade de Montes Veciñais de Tameiga (Mos, Pontevedra) converteuse en pioneira en Galicia ao impulsar unha Comunidade Enerxética baseada no autoconsumo renovable. Con paneis solares no seu centro sociocultural e en dúas naves do polígono industrial , xa instalaron 225 kW de potencia, con plans de ampliación progresiva.

Un modelo enerxético comunitario en acción:

🔹 225 kW de potencia instalada, cunha xeración anual de 300 MWh.

🔹 Reducindo do consumo de enerxía e aposta pola sostibilidade.

🔹 Proxección de crecemento, permitindo que máis veciños participen no futuro.

🔗 Este caso demostra que as Comunidades Enerxéticas son o camiño para democratizar a enerxía e facela máis accesible. En Comenerg traballamos para que iniciativas coma esta cheguen tamén a Ourense, axudando a comunidades, concellos e empresas a xerar, compartir e aproveitar as súas propias enerxías renovables.

🏡 💡 Queres que a túa comunidade dea o salto á enerxía limpa e compartida? En Comenerg –Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética– Rúa Río Conso nº2 (Ourense) guiamoste para facer realidade a túa propia Comunidade Enerxética.

📢 O futuro da enerxía está nas nosas mans! Contacta connosco e únete ao cambio. ♻️ ⚡

#ComunidadesEnerxéticas #Autoconsumo #EnerxíasRenovables #EnerxíaSolar #Tameiga #Ourense #Comenerg #Sostibilidade

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!