Desde o 1 de xuño, o imposto volveu ao seu tipo xeral. Para unha vivenda media, iso tradúcese en entre 10 e 20 euros máis ao mes.

Hai unha alternativa: as comunidades enerxéticas.

Un grupo de veciños, un concello, unha entidade local… que producen enerxía renovable de forma colectiva e a comparten entre si. Sen grandes empresas polo medio. Con menos dependencia dos prezos do mercado.

En Ourense e no norte de Portugal, o proxecto COMENERG leva tres anos construíndo exactamente ese modelo en municipios rurais da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.

A enerxía cara non é unha fatalidade. É unha razón máis para organizarse doutra maneira. 🌱⚡

👉 comenergpoctep.eu

#ComunidadesEnerxéticas #AutoconsumoColectivo #COMENERG #TransiciónEnerxética #Ourense #POCTEP

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!