En COMENERG traballamos para impulsar comunidades enerxéticas locais, pero sabemos que a transición enerxética non sempre comeza cun proxecto colectivo.

Moitas veces inicia cunha decisión individual: mellorar unha vivenda, reducir custos nunha explotación agrícola ou apostar polas enerxías renovables desde unha entidade ou un concello.

Neste camiño, as axudas do INEGA son unha oportunidade clave para avanzar cara a un modelo enerxético máis eficiente e sostible.

🔹 Renovables térmicas en vivendas

Dirixidas a particulares en ámbitos non urbanos que queiran instalar aerotermia, biomasa ou outras solucións térmicas eficientes.

👉 Mellorar unha vivenda hoxe facilita o autoconsumo colectivo mañá.

🔹 Energías renovables e eficiencia en empresas agrícolas

Para explotacións do sector agrario que buscan reducir os seus custos enerxéticos.

👉 O sector primario é clave no desenvolvemento de comunidades enerxéticas rurais.

🔹 Enerxía solar fotovoltaica 2026–2027

Para empresas, entidades sen ánimo de lucro e sector público.

👉 Moitos proxectos colectivos nacen a partir destas primeiras instalacións.

🔹 Plan Renova o teu vehículo

Fomento da renovación do parque móbil cara a modelos máis eficientes.

👉 A transición enerxética tamén pasa por unha mobilidade máis sostible.

Inscríbete á nosa Newsletter

Grazas por te inscribires!